Proba un "CD Vivo" (Live CD)
Podes probar Linux sen necesidade de tocar o teu disco duro nin facerlle nada ao teu Windows!
Isto é posible cos "CDs Vivos de Linux". Para usar un CD Vivo hai que seguir os seguintes pasos:
- Descarga unha imaxe do CD desde internet (un arquivo .iso, ao redor de 650 MB).
- Grávao nun CD en branco.
- Coloca o CD na lectora de CDs e reinicia.
- A túa computadora vai arrincar desde o CD no canto de facelo desde o disco duro (onde está Windows ), e non vai tocar nada: non che preocupes por Windows e a túa información, van estar aí cando reinicies de novo sen o CD.
- Se a túa computadora segue reiniciando desde Windows (e o CD parece non facer efecto), é que a configuración do teu BIOS non é adecuada: necesitas modificala para que revise primeiro a lectora de CD por se hai algún sistema operativo, e en segundo lugar o disco duro. Normalmente podes acceder ao BIOS presionando a tecla "Del" ou "F2" mentres está arrincando o PC (se non che queda claro isto busca algo de axuda).
- E listo, Linux funcionando no teu sistema, podes probalo e ver canto che gusta
Entón, onde se poden descargar esas imaxes de CD? Hai unha chea de CDs Vivos de Linux dispoñibles en internet! Podes probar un destes por exemplo: